A astronauta Christina Koch, premio Princesa da Concordia 2026
A estadounidense converteuse na primeira muller en orbitar a Lúa e participou no primeiro paseo espacial integramente feminino
Christina Koch, da tripulación de Artemis II da NASA, no Centro Espacial Johnson da NASA, a 11 de abril de 2026, en Houston, Texas (EUA). NASA-Arquivo.
A astronauta estadounidense Christina Koch foi galardoada co Premio Princesa da Concordia 2026, A Fundación Princesa de Astuias recoñeceu así a traxectoria dunha das figuras máis destacadas da exploración espacial cotemporánea.
Koch converteuse este ano na primeira muller en orbitar a Lúa como integrante da misión Artemis II da NASA. Ademais, mantén o récord feminino de permanencia continuada no espazo, con 328 días entre 2019 e 2020.
A astronauta tamén protagonizou xunto a Jessica Meir o primeiro paseo espacial realizado exclusivamente por mulleres, un fito na historia da exploración espacial.
En abril participou na misión Artemis II, que levou de novo seres humanos á órbita lunar por primeira vez dsde 1972. A tripulación estableceu ademais unha nova marca de distancia respcto da Terra ao alcanzar os 406.771 quilómetros a bordo da nave Orión.