Cargando resultados...
A astrofísica da NASA Begoña Vila verá a eclipse en Doniños
A imaxe incluirase no documental que están gravando varias produtoras internacionais e a TVG
A astrofísica Begoña Vila. TVG
G24.gal
11/08/2026 20:49
Estes días grávase en Galicia o documental: "Rumbo ás estrelas" (Despois da eclipse) en que é protagonista a astrofísica viguesa Begoña Vila, que traballa na NASA.
O audiovisual aborda a próxima misión da axencia.
É unha coprodución de Abano Producións co Canal Odisea e a TVG.
Maryland, Washinton ou Cabo Cañaveral na Florida son outras localizacións do documental que recollerá tamén a contemplación da eclipse que Begoña Vila fará aquí en Galicia, concretamente na praia ferrolá de Doniños.