Engala Roman, o telescopio da NASA cun campo de visión cen veces maior que Hubble
Un só mes de observacións permitirá rastrexar a Vía Láctea e detectar ata a metade das súas estrelas, o que xerará un catálogo maior que calquera existente, segundo a NASA
REUTERS/Joe Skipper
O telescopio Nancy Grace Roman da NASA, o observatorio panorámico máis grande xamais construído, engalou este domingo a bordo dun foguete Falcon Heavy de SpaceX coa misión de explorar o universo e buscar respostas sobre a enerxía escura, os exoplanetas e a astrofísica infravermella, que poderían cambiar os modelos actuais da física.
O lanzamento realizouse ás 7:26 horas do leste dos Estados Unidos desde o Centro Espacial Kennedy da NASA, no centro da Florida.
Roman terá un campo de visión 100 veces maior ca o do telescopio Hubble e podería desafiar a comprensión actual do universo.
Un só mes de observacións permitirá rastrexar a Vía Láctea e detectar ata a metade das súas estrelas, o que xerará un catálogo maior que calquera existente, segundo a NASA.