Publicador de contidos

Publicador de contidos

O módulo estadounidense Odiseo fai historia tras chegar á superficie lunar

O módulo estadounidense Odiseo fai historia tras chegar á superficie lunar

G24.gal 23/02/2024 08:44

O módulo Odiseo, da compañía Intuitive Machines, alcanzou este xoves con éxito a superficie lunar tras engalar hai sete días desde Florida e logrou o fito de ser a primeira nave estadounidense que alúa tras a misión Apollo 17 de 1972.

Pouco despois da hora prevista, as 16:24 hora local do leste estadounidense (21:24 GMT), os controladores da misión confirmaron que o módulo pousou preto do cráter Malpert A, a uns 300 quilómetros do polo sur lunar, onde permanecerá aproximadamente uns sete días ata que chegue a noite nesta rexión e quede inoperable.

Odiseo, como se chamou a este módulo da serie Nova-C fabricado pola firma con sede en Houston (Texas), que despegou o 15 de febreiro desde Florida propulsado por un foguete Falcon 9 de SpaceX, erixiuse hoxe tamén na primeira nave privada estadounidense que alcanza o satélite natural. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade