Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trasladan unha muller embarazada ao hospital tras un incendio nun edificio de Negreira

Trasladan unha muller embarazada ao hospital tras un incendio nun edificio de Negreira

As lapas obrigaron a desaloxar case todos os veciños

O lume orixiniouse no último andar do inmoble, onde hai vivendas e rochos

G24.gal 01/04/2026 15:19

O lume orixinouse na quinta e última planta do edificio, onde, ademais de varios rochos, hai vivendas. Os inquilinos das mesmas foron os únicos que recibiron a orde de permanecer dentro dos seus fogares, o resto foron evacuados.

O incendio foi apagado rapidamente grazas á rápida chegada da Policía Local, que botou man dun extintor. Á súa chegada, os demais servizos sumáronse ás tarefas de extinción e tamén se ocuparon da ventilación do inmoble. Dúas horas despois, os veciños puideron regresar ás súas vivendas.

Con todo, unha muller embarazada tivo que ser trasladada ao CHUS por inhalación de fume, aínda que o seu estado non era grave. A Garda Civil investiga agora a orixe do lume, que, aparentemente, iniciouse en téxtiles que non foi posible identificar ao estar calcinados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade