Publicador de contidos

Publicador de contidos

Restablecida a subministación tras o incendio nun transformador das Pontes

Restablecida a subministación tras o incendio nun transformador das Pontes

Os afectados foron os particulares e negocios dependentes do transformador da rúa Ramón Cabanillas, que foi onde arderon os cables da fachada

G24.gal 30/03/2026 18:54

Os veciños das Pontes dependentes do transformador cuxos cables arderon volven ter luz. O servizo repúxose ás 18.30 horas deste luns, tras catro horas se subministración eléctrica.

Tal e como confirmou Naturgy, recibiron o aviso do incendio pasadas as 14.30 horas. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros do Parque do Eume, que, tras recibir o aviso da compañía eléctrica de que a corrente estaba cortada, procederon a extinguir o lume.

Os operarios estiveron a traballar ata as 18.30 horas, momento no que se restableceu o servizo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade