Publicador de contidos

Publicador de contidos

A coidadora salva dous anciáns do incendio da súa vivenda en Forcarei

A coidadora salva dous anciáns do incendio da súa vivenda en Forcarei

A traballadora do SAF desaloxounos ao detectar o lume

O incendio comezou nunha chimenea e calcinou o piso superior

 

 

G24.gal 30/03/2026 14:23

A sorte quixo que o lume comezara á hora da comida e que os anciáns que habitan a casa estiveran acompañados pola traballadora do servizo de axuda no fogar.

"Estaba dándolles de comer no piso de abaixo. Escoitou o ruído e sentiu o fume, así que os sacou da casa e chamou os bombeiros rápidamente", explica un veciño.

A muller, de 95 anos, e seu cuñado, de máis de 80 e en cadeira de rodas, saíron ilesos do lume, que comezou nunha cheminea e se estendeu rapidamente polo piso de arriba.

"Cando chegamos xa se propagara polo conducto da cheminea á estructura de  madeira do inmoble, pasou a unha habitación encima da cociña e queimou todo, cama, mobiliario...", di José Muñoz Iglesias, xefe do Servizo de Bombeiros de Silleda.

O vento complicou a tarefa dos bombeiros, que traballaron día e noite na extinción.

"Esa madeira pode ter cen anos, co vento que sopra se queda algo, encende de novo", comenta o veciño.

Malia que non houbo feridos, os danos materiais son importantes. 

"Transmitiuse por conducción pola chimenea, e por fume a toda a vivenda, tamén colapsou parte do teito", engade o bombeiro.

Os veciños desaloxados atópanse ben, acollidos na casa dunha familiar. Malia que o lume os deixou sen fogar, puideron salvar a vida grazas á rápida reacción da súa coidadora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade