Falece un home nun accidente cun tractor en Vilamartín de Valedorras
O sinistro foi nunha leira do lugar do Córgomo
Un home faleceu nun accidente co tractor nunha leira situada no lugar Córgomo, en Vilamartín de Valdeorras. O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 13:25 horas a través da chamada dun particular, que alertaba da situación e da necesidade de asistencia urxente.
🔴 #AXEGAInforma dun home que perdeu a vida nun accidente en Vilamartín de Valdeorras.
— 112 Galicia (@112Galicia) March 30, 2026
📍 Finca ubicada no lugar Córgomo.
➡️ O #112Galicia tivo constancia do ocorrido mediante a chamada dun particular.
🔗 https://t.co/avUV5EdTNA pic.twitter.com/BQOkvAbMVT
De inmediato, o 112 activou o 061, os Bombeiros de Valdeorras, o GES de Valdeorras, a Garda Civil e Protección Civil. Ao chegar ao lugar, o persoal sanitario non puido facer nada por salvar a vida do home.