Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopado morto un home nunha estrada de Mondoñedo

Atopado morto un home nunha estrada de Mondoñedo

Sospéitase que caeu e deu un golpe na cabeza, pero a causa da morte aínda está sen confirmar 

Estrada onde se atopou o cadáver Estrada onde se atopou o cadáver
G24.gal 30/03/2026 15:20

O cadáver dun home foi atopado este luns no lugar de Lousada, na parroquia de Sasdónigas, no municipio de Mondoñedo.

Segundo informou o 112 Galicia, Urxencias Médicas 061 deu aviso, sobre as 9:20 desta mañá, de que un home estaba tirado sobre o asfalto nunha estrada.

Ata o lugar trasladouse a Garda Civil, a Policía Local de Mondoñedo e Urxencias Médicas, que non puideron facer nada polo home, xa falecido.

Unha das hipóteses, que manexa a Garda Civil, é que a vítima se caese e golpease a cabeza, aínda que está sen confirmar a causa da morte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade