Cargando resultados...
Atopan unha anciá no seu piso de Vigo, onde podería levar tres meses morta
A última vez que a viron os veciños foi polo Nadal
G24.gal
30/03/2026 15:17
Levaba tres meses morta e ninguén se decatou. Ocorreulle a unha anciá de Vigo que vivía soa na rúa Celso Emilio Ferreiro.
A última vez que viron a Carme era polo Nadal o día que os veciños poñen a árbore no portal. Logo, unha veciña que lle tiña alugada unha praza de garaxe intentou contactar con ela e xa non lle contestou ao móbil, na porta nin aos WhatsApp.
Inicialmente pensaron que ía pasar ao Nadal fóra, na casa dos seus fillos, que viven no estranxeiro, ou que estaba hospitalizada.
Os bombeiros rescataron o seu cadáver nun complexo rescate porque accederon á vivenda descolgándose polo patio de luces.