Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía denuncia dous mozos por irromperen nun túnel do AVE en Vilagarcía

A Policía denuncia dous mozos por irromperen nun túnel do AVE en Vilagarcía

Acceder ás vías ferroviarias é unha infracción grave 

G24.gal 30/03/2026 16:10

Dúas persoas, unha moza de 18 anos e un mozo de 16, foron denunciados pola Policía Local de Vilagarcía de Arousa tras irromper nun dos túneles do AVE que hai na localidade.

Persoal do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) foi o que alertou ás autoridades da presenza de dúas persoas no interior dun dos túneles do AVE, á altura da rúa Baamonde, na parroquia de Bamio.

Ata o lugar, para interceptar os mozos á súa saída da infrestrutura, acudiu unha patrulla da Policía Local e responsables do servizo de seguridade de ADIF.

Poden ser sancionados con multas elevadas 

As autoridades lembran que acceder ás vías férreas constitúe unha infracción administrativa grave, sancionada con multas elevadas.

Estas sancións poden incrementarse de xeito significativo se a conduta interfire ou pon en risco a circulación ferroviaria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade