Cargando resultados...
Morre un condutor dun vehículo sen carné nunha saída de vía en Castro de Rei
O condutor e único ocupante do vehículo foi trasladado ao Hospital Lucus Augusti, onde faleceu con posterioridade
Vehículo do falecido (Garda Civil)
G24.gal
30/03/2026 16:02
O condutor dun vehículo sen carné perdeu a vida este luns nun accidente que tivo lugar no concello lugués de Castro de Rei. Segundo informa a Garda Civil foise da vía cando circulaba polo quilómetro 9,180 da estrada LU_P-1706, de Feira do Monte a Castro.
Nun primeiro momento o condutor e único ocupante do vehículo foi trasladado ao Hospital Lucus Augusti, onde faleceu con posterioridade. o sinistro producíase pasadas as doce do mediodía.