Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños dun edificio de Noia denuncian a existencia dun narcopiso no inmoble

Veciños dun edificio de Noia denuncian a existencia dun narcopiso no inmoble

Os residentes din sentirse atemorizados

G24.gal 24/03/2026 14:06

Os veciños do edificio Pergoy II, situado na rúa Pintor Arximiro Suárez de Noia, denuncian que o inquilino do primeiro andar se dedica a vender droga polo miúdo e que a presenza de toxicómanos é constante no inmoble e na contorna, onde ademais hai unha gardería e un parque infantil. Din que ouriñan no portal, entran no edificio ou fan garda na porta, tímbranlles a deshora e cáusanlles todo tipo de molestias. 

Os residentes din sentirse atemorizados porque ás veces as persoas que acoden a mercar a droga teñen actitudes violentas ou protagonizan pelexas entre eles.

Durante a elaboración desta información achegouse algún amigo do inquilino do suposto narcopiso que negaba tal actividade e que aseguraba que mercara droga pero noutro lugar. Os veciños piden que as autoridades tomen medidas antes de que suceda algo grave.

Unha veciña do inmoble presentou hoxe a enésima denuncia na Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade