A ría da Arousa, Fisterra e a Costa da Morte: zonas de risco de interaccións con candorcas
O Goberno publica un mapa cos casos rexistrados en 2025
As candorcas veñen á costa detrás do atún vermello
A boca da ría da Arousa, a Costa da Morte e a zona de Fisterra son as tres áreas de alto risco de interaccións con candorcas que o Ministerio de Transición Ecolóxica (Miteco) sinala en Galicia. Son onde o ano pasado se rexistraron mais casos.
"Os datos son semellantes respecto 2024. No estreito diminuíron un pouco pero o ano pasado as candorcas espalláronse máis por toda a costa, non estiveron nun so sitio. Repartíronse moito máis e as interaccións, tamén. Por Portugal, Galicia e o Cantábrico" Uxía Vázquez, técnica da Cemma.
A Cemma e o Goberno recomendan evitar esas zonas na navegación e, se hai unha avistamento, parar o barco. A partir de abril é cando máis candorcas hai na nosa costa. O punto álxido chega no verán.
O atún vermello é o seu alimento favorito. A especie estivo nun momento crítico hai un par de décadas pero agora goza de boa saúde e mesmo se aumentou a cota nun 20% para os próximos tres anos. Os atúns veñen comer á costa. E detrás deles, as candorcas.
"Iso tamén é un incentivo para que haxa máis interaccions. Hai máis comida, elas están máis tempo na costa e coincide coa época en que hai máis barcos"
Candorcas, golfiños ou arroaces sempre formaron parte da paisaxe marítima galega. Ás veces, deixando imaxes espectaculares en Sanxenxo e outros puntos das Rías Baixas.