Publicador de contidos

Publicador de contidos

O segundo festivo coas tendas abertas enche os centros comerciais

O segundo festivo coas tendas abertas enche os centros comerciais

Os consumidores aproveitaron o día para adiantar as compras do Nadal

 O próximo luns volverán abrir moitos dos establecementos

G24.gal 06/12/2025 21:22 Última actualización 06/12/2025 22:12

Sendo festivo, con mal tempo e ás portas do Nadal a previsión de que a xente aproveitase os centros comerciais para pasar esta tarde cumpriuse, e neste segundo día extra que abre o comercio, os consumidores decidiron adiantar as compras, sobre todo de agasallos.

"Aproveitamos para comprar regalos para toda a familia".

"Viñemos facer compras e ver as luces de Vigo".

Pero non só se vén aos centros comerciais para mercar, porque no Nadal hai encargos que chegan do máis aló.

"Realmente viñemos entregar a carta do Papá Noel. Este ano non lles veu o elfo do Nadal e queren que veña".

E entre tantas encomendas, foi aumentando a xente.

"Hai moita xente, a min maréame un pouco, pero está ben".

Xunto coas luces, ese é outro dos elementos característicos desta época, o de verse algo asoballados polas multitudes que tamén aproveitan os días libres para as compras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade