Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un estudo afirma que o 80% dos españois almorza fóra da casa

Un estudo afirma que o 80% dos españois almorza fóra da casa

Os clientes máis habituais nas cafeterías a primeira hora do día son os traballadores

G24.gal 17/05/2026 16:38

O debate está enriba da mesa. Almorzamos na casa ou no bar? O certo é que os estudos falan de que preto do 80% dos españois almorza fóra, algo que nos bares notan, sobre todo, na fin de semana.

"Na fin de semana apostan por almorzar fora da casa, na semana non se notou un aumento na tendencia. O que máis se pide é a tosta con tomate de toda a vida", comenta Víctor Fernández, do Café El Centro de Lugo.

Pola semana os bares aproveitan tamén o empurrón dos traballadores, que saen da casa con pouco tempo e prefiren almorzar fóra, iso si, teñen moitos tipos de cliente. E todo porque o almorzo é un dos momentos máis importantes do día.

"As veces veñen en familia e outras veces en grupos de traballo ou de estudiantes. Polo xeral veñen moitas persoas que marchan para o traballo. Eu abro cedo para ofrecerlles ese servizo", afirma Juan de Jesús Herrera, un dos traballadores do Bar Rosalía de Castro.

Outros son máis de almorzar na casa, pero o certo é que as cafeterías cada vez venden máis almorzos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar