Actividade frenética este Nadal nas tendas de produtos 'gourmet'
Dende o sector, tanto distribidores como comerciantes cualifican esta campaña de extraordinaria, con máis dun 10 por cento de facturación
Son días de tirar a casa pola ventá, algo que se percibe coma en ningurés nas tendas de produtos 'gourmet'. Os mellores xamóns ou os doces típicos do nadal feitos a man figuran entre as mercadorías máis demandadas pola clientela. E outro tanto ocorre cos viños de alta gama, incluídos os escumosos importados.
"Turróns artesáns, 'moscovitas', 'panetones', bacallau, salmón... De todo, 'delicatessen'", destaca a comerciante Maribel López.
Dende o sector dos produtos 'gourmet' cualifican como excelente esta campaña. Tanto comerciantes como distribuidores coinciden en que se está a mover xénero coma nunca, ata o punto de que boa parte da mercadoría xa está esgotada ou a piques de acabarse.
"Foi extraordinaria. Adiantouse moitísimo, e as encargas están practicamente todas feitas e entregadas. A xente non quixo agardar á última hora", sinala a comerciante Pilar López.
"A campaña este ano de momento vai moi ben. Pero estámola facendo a base e produtos de toda a vida, como bcallau ou queixos nacionais con denominación de orixe. De momento vai moi ben, moi ben", engade Luis Fole, distribuidor de produtos 'gourmet'.
Como agasallo ou para o seu consumo directo, en cestas ou por separado, os produtos selectos son nestas datas de Nadal os máis buscados.