Cargando resultados...
A panadería Pallares de Sarria, premio do Comercio Galego pola súa traxectoria
O establecemento leva funcionando desde 1976, e xa van pola quinta xeración de panadeiros
G24.gal
17/11/2025 14:20
Unha panadería de Sarria acaba de levar o Premio do Comercio Galego da Xunta de Galicia pola súa traxectoria. O establecemento fará no 2026 150 anos de vida, e por el pasaron xa 5 xeracións.
Segundo o seus propietarios, "o premio é unha recompensa ao traballo de décadas e a toda a xente que defendeu o oficio". Unha recompensa materializada en bolos de pan, roscas, empanadas. Nunha vida de entrega e oficio, para darlles aos clientes o sabor de hai un século, forneado cunha constante renovación.
Pallares é en Sarria toda unha institución, unha familia que medra, 12 traballadores, 5 xeracións e que, polo momento, ten a continuidade garantida.