Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda reclamará en Bruxelas que os controis sobre Mercosur "funcionen" desde o inicio

Rueda reclamará en Bruxelas que os controis sobre Mercosur "funcionen" desde o inicio

O presidente da Xunta vaise reunir o martes co comisario de Agricultura

No encontro con Christophe Hansen, Rueda defenderá que se manteñan os fondos da Política Agraria Común e que se protexan os produtos do agro galegos ante a entrada en vigor do acordo da Unión Europea co Mercosur

G24.gal 28/02/2026 19:19

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este sábado que pedirá en Bruxelas que os controis sobre os produtos de Mercosur "funcionen" desde a implantación do acordo de libre comercio con Europa.

Así llo trasladará ao comisario de agricultura da Unión Europea, co que ten previsto reunirse a principios da próxima semana.

Unha entrevista que o titular do Goberno galego solicitou, en primeiro lugar, ao considerar que, "ante a entrada en vigor" provisional do acordo con Mercosur, "é fundamental que todos os controis e todas as salvagardas funcionen desde o primeiro momento".

Así, referiuse tanto ás auditorías en orixe sobre os produtos que van chegar a Europa, como en destino, para "controlar que todo o que entra" cumpre as condicións do tratado.

Advertiu así mesmo que a Xunta tamén vai poñer da súa parte en materia de saúde pública e en inspección de consumo.

Todo iso para que a entrada en vigor do acordo con Mercosur poida ser "unha oportunidade" e non se converta nun "prexuízo ou ameaza".

Por outra banda, Rueda tamén defenderá en Europa a necesidade de que os fondos para a agricultura e a pesca "non diminúan" porque son "fundamentais e serviron para transformar" o sector e facelo "moito máis competitivo".

Ademais de pedir que se manteñan, avogou por que a súa tramitación sexa moito máis sinxela.

O titular da Xunta puxo en valor a reunión co comisario europeo porque "non é moi frecuente" que reciba a un presidente autonómico e menos en vésperas de decisións tan importantes como a do acordo con Mercosur.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade