AGalega é a canle máis vista en Galicia, segundo o EXM
A TVG lidera todas as franxas horarias e consolídase como a autonómica máis vista
Radio Galega é a emisora pública máis escoitada en Galicia, con 93.000 oíntes diarios
AGalega é a canle máis vista en Galicia, segundo os datos do EXM. Alcanza un 20 % de audiencia de luns a domingo, case o dobre ca a segunda opción. A TVG lidera todas as franxas horarias. A cota de pantalla é do 30 % na sobremesa e do 28 % pola mañá.
Segundo a primeira onda do Estudo Xeral de Medios, o conxunto das emisoras de radio da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) acadan 140.000 oíntes no conxunto da semana e 138.000 de luns a venres.
Radio Galega é a emisora pública máis escoitada en Galicia, con 93.000 oíntes de luns a venres e 89.000 no conxunto da semana, mentres que Radio Galega Música acadou 32.000 oíntes de luns a venres e 38.000 de luns a domingo.