A TVG dispara a súa audiencia e consolídase como líder cun 26,9 %, segundo o EXM
Sobe seis puntos con respecto ao anterior trimestre e a súa audiencia dispárase ata o 42 % na sobremesa
A Radio Galega medra un 19,35 % e a súa audiencia alcanza os 111.000 oíntes na segunda onda do EXM
O conxunto de emisoras de radio da CSAG acada 143.000 oíntes de luns a venres e 125.000 de luns a domingo, o cal supón un incremento do 14'4 %
A Televisión de Galicia dispara a súa audiencia e é a canle máis vista en Galicia conforme á segunda onda do Estudo Xeral de Medios (EXM) coñecida este martes. Lidera a audiencia cun 26,9 % de luns a venres e un 23,5 % de luns a domingo, segundo o EXM. Son seis puntos máis que no anterior trimestre. Por franxas horarias, a TVG é a primeira canle en Galicia e dispárase ata o 42 % na sobremesa.
A Radio Galega medra un 19,35 % de luns a venres e a súa audiencia e alcanza os 111.000 oíntes na segunda onda do EXM.
No conxunto da semana, a audiencia da Radio Galega tamén medra un 11'24 % con 10.000 novos oíntes. Un incremento da radio pública de Galicia que se produce nun contexto de perda de audiencia na radio xeneralista.
Pola súa parte, Radio Galega Música alcanza os 32.000 oíntes de luns a venres e os 26.000 oíntes no conxunto da semana.
Desta maneira, o conxunto de emisoras de radio da CSAG acadan 143.000 oíntes de luns a venres e 125.000 de luns a domingo, o cal supón un incremento do 14'4 % con respecto á onda anterior do EXM.