Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reto solidario para visibilizar a cativada que precisa unha familia de acollida

Reto solidario para visibilizar a cativada que precisa unha familia de acollida

Peio Ormazabal, que foi pai de acollida, realizou a travesía a nado entre A Marola e a praia da Madalena con fins solidarios en colaboración coa Asociación Galega de Familias de Acollida

Tardou varias horas en completar os 16 quilómetros de travesía

Ademais de visibilizar piden tamén colaboración económica en https://www.migranodearena.org

 

G24.gal 16/08/2026 21:51

Este domingo comezaba este reto solidario para darlle visibilidade ao labor que realizan desde a Asociación Galega de Familias de Acollida. 

Peio Ormazabal e o seu equipo partían da praia da Madalena, en Cabanas, para despois desde a rocha da Marola, en Oleiros, regresar nadando nun traxecto duns 16 quilómetros.

Peio leva anos colaborando con diferentes causas solidarias e el mesmo foi pai de acollemento.

"Isto é totalmente por amor, para recadar para os cativos, para da visibilidade e sobre todo porque fan falta pais e nais de acollida", di Peio Ormazabal, colabora con ACOUGO e foi pai de acollida.

O vento, as mareas, a temperatura e o cansazo converteron a travesía nunha demostración de forza e resistencia.

"Temos vento de nordés que leva cara Sada e logo a marea en contra, quería facelo en 6 horas pero pode levarme 8 horas tranquilamente. Eu estou preparado mentalmente mellor ca nunca", engade Peio Ormazabal.

Peio superou o percorrido mentres arrastraba un caiac de seguridade no que que transportaron nenos e nenas do sistema de protección de acollida. Estiveron pendentes Salvamento Marítitmo e A Cruz Vermella.

"Un dos dereitos fundamentais dos nenos e nenas é medrar nunha familia e outro dereito fundamental é o dereito ás súas orixes. A lei prohibe que as nenas e nenos menores de tres anos estean en centros e recomenda que os menores de seis anos non estean en centros e temos máis de cen cativos menores de seis en centros neste momento en Galicia", asevera Carmen Dourado, directora de ACOUGO (Asociación Galega de Familias de Acollida) e nai de acollida.

"Fun pai de acollida de dous nenos, este reto é por amor", engade Peio Ormazabal.

Despois de varias horas nadando, da fatiga e do sufrimento físico... o esforzo pagou a pena.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade