Un monitor de paddle surf, detido por agredir sexualmente dez menores estranxeiras
Os feitos déronse a coñecer como consecuencia dunha denuncia da directora da escola en que as menores estudaban español
Vehículo da Policía Nacional (Europa Press)
Un monitor de paddle surf foi detido por agredir sexualmente dez menores de nacionalidade alemá, as cales se atopaban de intercambio na provincia de Alcant para aprenderen español.
Segundo o que lles relataron as vítimas aos axentes da Policía Nacional, estas foron obxecto de agresións non accidentais, moi desagradables e innecesarias. Ademais, algunha das menores chegou a recriminarlle esta actitude ao propio individuo.
O detido, segundo a Policía Nacional, cometeu os delitos mentres se dirixía a unha actividade náutica relacionada coa propia estancia das menores na provincia.
Desta maneira, o investigado xa foi posto a disposición xudicial por dez delitos de agresión sexual.