Publicador de contidos

Publicador de contidos

Controlado o incendio no Riós que arrasou 30 hectáreas

Controlado o incendio no Riós que arrasou 30 hectáreas

Desde o concello insisten en que o lume foi intencionado e incluso apuntan a que é unha persoa reincidente que xa provocou outros incendios na zona

Este lume provocou que houbera que decretar a situación 2 e que xa foi desactivada na mañá do domingo 

En Galicia, segue activo outro incendio forestal en Lousame

G24.gal 16/08/2026 20:16 Última actualización 16/08/2026 20:50

A Consellería do Medio Rural informou este domingo de que o incendio forestal iniciado na tarde do sábado no municipio do Riós en Ourense, polo que houbo que declarar a situación 2 que se desactivou esta mañá, quedou controlado sobre as sete e media desta tarde.

Segundo as últimas estimacións provisionais, este lume afecta a unha superficie de 30 hectáreas.

A situación de emerxencia de nivel 2 foi decretada como medida preventiva pola súa proximidade ao núcleo de poboación de Fumaces, pero este domingo xa foi desactivada.

O incendio comezou ás 16.54 horas do sábado na parroquia de Fumaces e A Trepa e para a súa extinción mobilizáronse ata o momento tres técnicos, dezasete axentes, vinte e catro brigadas, dezaoito motobombas, tres pas, tres helicópteros e sete avións.

Desde o concello, a súa alcaldesa Eva Barrio, non dubida da intencionalidade do incendio, tampouco da súa autoría. 

En Galicia, segue activo outro incendio forestal en Lousame, na parroquia de Lesende, que se atopa estabilizado desde primeira hora do onte e afecta a unhas 20 hectáreas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está ao dispor da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085 para chamar en caso de detectar algún lume forestal.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos