Publicador de contidos

Publicador de contidos

Supermercados e comercio en liña, as canles preferidas para facerse cos xoguetes de Nadal

Supermercados e comercio en liña, as canles preferidas para facerse cos xoguetes de Nadal

Cambios de tendencia na compra de xoguetes

O 70 % das familias mércanos nos supermercados

O gasto medio deste ano é de 170 euros

A un mes do Nadal, moitas familias xa están anticipando as compras
G24.gal 24/11/2025 14:58

Unha boa parte do presuposto de Nadal destínase á compra de xoguetes, e este ano o gasto será similar ao do pasado ano, ao redor de 170 euros de media por familia. Agardar ata o último momento xa non é tendencia, agora o que se leva é planificar as compras con antelación para evitar aglomeracións e, de paso, aproveitar algunha que outra oferta. 

 "Para despois non xuntar todo para o mes de decembro".

"Despois ao mellor non hai o que eu estou buscando", comentan varias clientas.

Segundo o último informe sobre a compra de xoguetes, o 70 % das familias prefiren facela nos supermercados en detrimento das xogueterías. Algunhas delas foron pechando nestes últimos anos.

 "Aquí no súper pois pode ser algo que atopes cando vés facer a compra, pero se non acudimos á xoguetería".

 "Fago a compra e de camiño...".

"Todos temos cabida, a xoguetería local fai seguramente un papel moi importante e ten cousas que ofrecer que ao mellor as grandes superficies non temos outro tipo de produto ou quizás máis espazo, un surtido maior", explica Juan Rodríguez, director Hipermercado Alcampo Santiago.

O asesoramento personalizado é a mellor baza que teñen as xogueterías

"Podemos responder moitas máis preguntas é como máis de ti a ti, algo máis próximo, eu creo", apunta Lourdes Lueiro, dependenta xoguetería Din&Don.

A compra en liña tamén vai gañando enteiros.

"Volvémonos cada máis cómodos, para nós é moito máis fácil comprar en liña", opina o director do supermercado.

"Si que é certo que hai clientes que che din aquí que lles gusta ver fisicamente o produto que queren que os atendas basicamente", continúa Lourdes.

E xa temos o xoguete estrela deste Nadal?

"A maior parte, o que ven na tele, o que se pon de moda", conclúe a dependenta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade