Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moncloa di que "España ten os recursos necesarios para afrontar un embargo" de Donald Trump

Moncloa di que "España ten os recursos necesarios para afrontar un embargo" de Donald Trump

"Os EUA deben respectar ás empresas privadas e os acordos conxuntos coa UE" aseguran fontes do Executivo

O presidente Pedro Sánchez fará unha declaración institucional este mércores para pronunciarse sobre os últimos acontecementos

 A Comisión Europea confía en que Estados Unidos respecte os seus compromisos comerciais

Matias Chiofalo / Europa Press Matias Chiofalo / Europa Press
G24.gal 03/03/2026 20:03

O Goberno español respondeu ás ameazas lanzadas este martes polo presidente dos Estados Unidos de América, Donald Trump.

O executivo di que se quere suspender o comercio con España, o presidente americano debe respectar ás empresas privadas e os acordos selados co conxunto da Unión Europea.

España ten recursos para "axudar aos sectores afectados"

Fontes da Moncloa replican a Trump que España conta cos recursos necesarios para "conter posibles impactos" e tamén para axudar aos sectores que se poidan ver afectados e diversificar as cadeas de subministración".

Engadiron esas mesmas fontes que se o Goberno estadounidense quere suspender relacións de comercio con España "terá que facelo respectando a autonomía das empresas privadas, a legalidade internacional e os acordos bilaterais entre a Unión Europea e os EUA".

Declaración do presidente Sánchez 

O presidente do Goberno español fará unha declaración institucional este mércores, 4 de marzo, para facer unha valoración dos últimos acontecementos internacionais, segundo trasladan fontes de Moncloa. Pedro Sánchez dirixirase aos cidadáns ás 9 horas nunha intervención sen preguntas. 

España rexeitou que os EUA utilicen as bases militares de uso conxunto de Rota e Morón tras a escalada de violencia en Oriente Próximo e o presidente Donald Trump respondeu, ameazando cun "embargo" a España e un posible corte de toda relación comercial.

A Comisión velará polos intereses da Unión Europea

A Comisión Europea confía en que os EUA respecten os seus compromisos comerciais, segundo declarou a EFE o portavoz comunitario de Comercio, Olof Gill.

"⁠Esperamos que os Estados Unidos respecten os compromisos contraídos na nosa declaración conxunta. ⁠A Comisión velará en todo momento por que se protexan plenamente os intereses da Unión Europea", dixo Olof Gill.

O portavoz europeo de Comercio manifestouse nese sentido tras as ameazas de Trump a España despois de que o Goberno lle negase utilizar as bases compartidas de Rota e Morón para a guerra con Irán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade