Publicador de contidos

Publicador de contidos

Juanfran García novo adestrador do Arenteiro

Juanfran García novo adestrador do Arenteiro

O ex adestrador de Club Deportivo Lugo asina ata final de temporada e chega con Juan  Carlos Díaz coma asistente

Estreárase este próximo sábado no Espiñedo no partido ante o filial do Real Madrid

@EFE @EFE
G24.gal 03/03/2026 22:46

Juanfran García volve aos bancos. O ex xogador do Celta e ex adestrador de Club Deportivo Lugo será o novo técnico do Arenteiro. O conxunto do Carballiño anunciaba onte a destitución de Jorge Cuesta e buscará co preparador valenciano o milagre da salvación. Tras as tres últimas derrotas o club verde esta a sete puntos da mesma con doce xornadas por diante.

Juanfran estreouse coma adestrador en Club Deportivo Lugo na temporada 2019-20 onde acadaba a salvación despois de sumar catro vitorias e dous empates nas seis últimas xornadas onde estivo coma adestrador. Pero a temporada seguinte era destituído na xornada 5 tras perder catro partidos. A seguinte oportunidade apareceulle na ca,mpaña 23-24. Colleu a Ponferradina a sete xornadas do final pero non puido salvar o equipo. Na seguinte temporada estivo once xornadas ao fronte do conxunto berciano pero tamén prescindían dos seus servizos polos malos resultados. Agora vivirá no Carballiño a súa terceira experiencia como adestrador acompañado de Juan Carlos Díaz coma xudante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar