O Osasuna Promesas, penúltimo clasificado, dá a sorpresa en Balaídos e gaña por 0-1
O Celta Fortuna mandou dous balóns aos paus no primeiro tempo
Con este resultado, o Tenerife xa é equipo de segunda división
O Celta Fortuna recibía ao Osasuna Promesas no seu sétimo partido en venres do 2026. Era un duelo entre o segundo clasificado por arriba e o segundo pola cola, separados por 28 puntos.
O filial vermello chagaba a cinco puntos da salvación a falta de catro xornadas por disputarse. Pola contra, os vigueses perseguían unha clasificación para o play-off que xa tiñan virtualmente conseguida e que podía ser matemática en caso de triunfo.
Foi unha primeira parte con poucas ocasións. Ao Osasuna o colexiado anuloulle un a Arroyo por fóra de xogo tras consultar co VAR.
As mellores oportunidades dos celestes chegaron nos minutos 12 e 32. Primeiro cun disparo o pau de Hugo González e despois coa intervención de Rafa. O porteiro do Osasuna Promesas, tocou o xusto para mandar á madeira o disparo cruzado de Somuah.
A segunda metade tivo o mesmo guión. Desta volta o Celta Fortuna foi o primeiro en achegharse. Pero non sería ata o minuto 62 cun disparo moi axustado de Óscar Marcos.
A replica chegou cunha testada de Santos que marchou alta por moi pouco. Non erraría o Osasuna a oito minutos do final. Gran contragolpe do filial que define con moita calidade Martín Pedroarena, que entrara minutos antes. Así acabou o encontro.
Cuarta derrota na casa dos de Fredy que a próxima xornada xogarán un derbi contra o Ourense CF no estadio do Couto. A derrota converte ao Tenerife en equipo de Segunda División.