Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing levántase dúas veces pero non pode co Avilés (2-2)

O Rácing levántase dúas veces pero non pode co Avilés (2-2)

Un golazo de ÁLvaro Ramón, e outro de Álvaro Giménez no engadido salvaron o empate

O Rácing pecha a xornada con 46 puntos, a sete da promoción e dez sobre o descenso

Foto: @racingferrolsad Foto: @racingferrolsad
G24.gal 26/04/2026 23:03

O Rácing precisaba unha vitoria sobre o Avilés para manterse a unha distancia de cinco puntos dos postos de promoción, pero o empate da Malata déixao en terra de ninguén, con remotas opcións de entrar na pelexa, e cun colchón de dez puntos sobre o descenso.

Os racinguistas tiveron que reaccionar cedo logo do primeiro tanto do conxunto asturiano. Chegou aos 22 minutos cun envío desde a esquerda e un remate de Santamaría. O Rácing buscou a igualada, e pediuse un penalti á media hora que o árbitro non concedeu na revisión. 

O conxunto galego tivo boas opcións no tempo engadido, primeiro cun remate de ÁLvaro Giménez, e despois cunha cabezada á saída do córner á que respondeu cun paradón Almodóvar. Outro balón ao segundo pau sacouno a defensa. 

A segunda metade comezou cunha ocasión clarísima para o Avilés, que sacou a defensa baixo paus. E, xusto a seguir, Álvaro Ramón empataba cun auténtico golazo, un lorchazo espectacular desde fóra da área que entraba por toda a escadra. 

Quedaba media hora de partido, perto o que se volveu adiantar foi o Avilés, cunha rápida acción con servizo desde a esquerda e remate a pracer de Cueto.

E cando parecía que os puntos voavan cara Avilés, Álvaro Giménez igualaba o choque. Era o minuto 90. Un a un na Malata.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade