Radu: "Creo que o Celta converterase en pouco tempo nun dos grandes"
O punto de inflexión, segundo Radu, chegou no encontro fronte ao Alavés, que puxo fin á boa dinámica
O Celta encara o tramo final da tempada coa necesidade de recuperar solidez e minimizar erros nun momento no que cada punto resulta decisivo. Así o deixou claro Radu, que puxo o foco na importancia de Carl Starfelt, ao que definiu como “unha peza fundamental pola súa experiencia”.
A ausencia do central obrigou a axustes na liña defensiva. Aínda así, o gardameta destacou o rendemento dos seus substitutos, aínda que recoñeceu que “cando cambia algo é máis difícil entendernos”. Unha falta de sincronía que o equipo busca corrixir canto antes.
O punto de inflexión, segundo Radu, chegou no encontro fronte ao Alavés, que puxo fin á boa dinámica.
“O fútbol son momentos”, resumiu.
De cara ao inmediato, o discurso é claro: confianza no traballo de Claudio Giráldez, centrarse no partido do domingo e competir ao máximo nunha Liga que queda como único obxectivo.
"Creo que o Celta converterase en pouco tempo nun dos grandes"
O primeiro paso no camiño será o Elx.