Cargando resultados...
O Osasuna Promesas vence no duelo de pechacancelas (1-0) e deixa o Arenteiro á beira do descenso
Abondou un gol de Yoldi no minuto 72'
O Arenteiro podería perder a categoría co resto de resultados da xornada
Foto: @Osasuna_Tajonar
G24.gal
25/04/2026 21:23
O Arenteiro afúndese no último posto da clasficación logo de caer no campo do penúltimo, o Osasuna Promesas.
O único gol do partido para os pamploneses chegou aos 72 minutos. Marcu Ander Yoldi. O Arenteiro suma xa 11 xornadas sen coñecer a vitoria e mañá podería descender de xeito matemático a Segunda Federación, a expensas do resto de resultados da xornada.