Publicador de contidos

Publicador de contidos

A conselleira de Medio Rural agradece a implicación do sector para frear o avance da dermatose nodular

A conselleira de Medio Rural agradece a implicación do sector para frear o avance da dermatose nodular

A Xunta cancela feiras e poxas de gando desde o 27 de outubro como protección fronte á dermatose nodular para blindar as explotacións de vacún fronte ao virus

As medidas terán unha vixencia inicial de 21 días que se pode ampliar en función da situación epidemiolóxica

En Cataluña a dermatose nodular deixa 2.500 cabezas de gando sacrificadas e máis de 150.000 animais inmobilizados

G24.gal 26/10/2025 10:53 Última actualización 26/10/2025 14:40

As medidas preventivas para protexer o gando vacún entran en vigor este luns e vanse manter polo menos durante 21 días. En Galicia non se rexistraron casos de dermatose nodular, de aí que se busque blindar as explotacións. Xa non haberá feiras, poxas nin outros eventos en que convivan os animais.

Ademais, establécese un período de 21 días en que as reses que cheguen dende fóra de Galicia estarán en corentena. E inmobilízase a totalidade das explotacións que as reciben. Estas granxas vanse someter a control veterinario e teñen a obriga de desinsectar a todos os animais e tamén os vehículos de transporte que traen gando dende fóra da comunidade.

A conselleira do Medio Rural agradeceu este domingo a implicación do sector para frear o avance da doenza.

"Falamos cos tratantes, falamos cos matadoiros e falamos cos gandeiros. Están preocupados e evidentemente eles son os máis interesados en que a enfermidade quede reducida a eses lugar en que está, que é Xirona".

Dermatose nodular

A dermatose nodular é unha doenza vírica que afecta aos bóvidos e que se contaxia pola picada de insectos e parasitos. Non se transmite dos animais ás persoas. Orixinaria de África, chegou a Italia e Francia no verán e o 3 de outubro detectouse en España.

O primeiro caso rexistrouse nunha explotación de Xirona e, en menos dun mes, xa se contabilizan dezasete focos, a maioría na comarca do Alt Empordá.

En Cataluña a dermatose nodular deixa 2.500 cabezas de gando sacrificadas e máis de 150.000 animais inmobilizados. Estase a desenvolver en toda a rexión unha campaña de vacinación fronte ao virus.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade