O Deportivo vence sobre a bucina en Ceuta (1-2) e volve á segunda posición
Un golazo espectacular de Alti no minuto 92 culminaba a remonta do cadro galego
Antes, Nsongo Bil empatar o tanto inicial de Marcos
O Deportivo volveu amosar a súa mellor cara, a de visitante, para acadar un triunfo traballado nun campo difícil e volver á segunda posición.
O Ceuta entrou mellor no partido, comandado por un Rubén Dïez moi perigoso. Del foron os dous primeiros lanzamentos lonxanos, despois dunha internada pola esquerda nos primeiros minutos. E del foi o terceiro. Era o minuto 14, e o futbolista do Ceuta remataba outra vez desde a frontal. O balón estrelouse no pau, e o rexeitamento mandouno á rede Marcos para abrir a conta.
Intentou reaccionar o Deportivo, pero a seguinte levou a signatura de Bodiger, e un paradón de Ferllo para enviala a córner.
No minuto 25 o Deportivo si aproveitou a súa ocasión, foi nun roubo, con asistencia rápida para Nsongo Bil, e o dianteiro rematou raso para establecer o empate a uns.
O partido comezaba de novo, e facíao cun intercambio de ocasións. Marcos remataba abaixo, sen problemas para Ferllo; e Nsongo volvía ter un balón clarísimo, pero erraba no control. No treito final foi Marino o que estrelou unha falta na escadra de xeito espectacular. E non foi menos clara a de Stoichkov a seguir, cun remate que saiu moi cruzado. Pero aínda non foi a última da primeira metade, logo dun pase de Matos ao que non chegou Koné no segundo pau no tempo engadido. De xeito incrible tendo en conta as ocasións claras, a primeira metade rematou co empate a uns.
Na continuación volveu entrar algo mellor o Ceuta, que se aproximaba pola área, pero sen rematar con perigo. Si o fixo Nsongo na primeira dos coruñeses, pero o balón saíu excesivamente cruzado. Esta segunda parte tiña alternativas, pero non chegaban ocasións tan claras como na primeira, e o Deportivo agardou pola súa para adiantarse. No minuto 81, Cristian Herrera quedou no man a man con Pedro López, pero o seu remate raso bateu no pau. Puido ser o 1-2, e o Deportivo foi o dono deses últimos minutos buscando ese resultado. E no minuto 92, acadou o premio. Alti conectaba un espectacular disparo desde fora da área que entrou por toda a escadra.
Non houbo tempo para máis. Vitoria coruñesa en Ceuta, que lle devolve momentaneamente o segundo posto da Liga.