Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump propón crear unha misión naval internacional coa finalidade de reabrir o estreito de Ormuz

Trump propón crear unha misión naval internacional coa finalidade de reabrir o estreito de Ormuz

O presidente norteamericano confía en que participen países como a China, Francia ou o Reino Unido

A proposta estivo precedida polo ataque estadounidense á illa de Kharg, un enclave estratéxico para o petróleo iraniano

Reuters Reuters
G24.gal 14/03/2026 19:58

O presidente estadounidense, Donald Trump propón agora crear unha misión naval internacional. O seu obxectivo sería a reapertura do estreito de Ormuz. Trump dixera que a Mariña estadounidense o ía liberar en pouco tempo e este sábado introduciu outro xiro de guión ao propoñer unha misión naval internacional para facilitar a circulación de petroleiros. A través da rede Truth Social di que espera que participen Francia, o Xapón, Corea do Sur, o Reino Unido... e unha gran novidade: tamén a China.

Unhas horas antes, os Estados Unidos bombardearan a illa iraniana de Kharg, o gran referente da industria petroleira da República Islámica. O ataque centrouse en intalacións militares, pero a súa infraestrutura petroleira quedou intacta para evitar que a crise do cru vaia a máis.

O propio  Donald Trump definiuno como "un dos bombardeos máis poderosos na hstoria de Oriente Medio" e  asegurou que se “aniquilaron” todos os obxectivos militares.

A illa de Kharg está situada a 25 quilómetros da costa iraniana e constitúe un megacomplexo polo que pasa o 90% do petróleo do país dos aiatolás cara á exportación. Unha boa poarte vai con destino á China.

Irán desmente que o seu líder supremo teña problemas de saúde

Mentres desde Irán, o seu ministro de Asuntos Exteriores, Abás Araqchí, asegurou este sábado que non hai ningún problema co novo líder supremo de Irán, Mojtaba Khameneí, despois de que o secretario de Guerra de Estados Unidos, Pete Hegseth, afirmase o venres que estaba ferido e probablemente desfigurado.

"Non hai ningún problema co novo líder supremo. Enviou a súa mensaxe onte e cumprirá cos seus deberes. Está a cumprir cos seus deberes de acordo coa Constitución e continuará facéndoo", asegurou Araqchí á cadea de noticias MS Now nunha entrevista.

Restou así credibilidade ás declaracións de Hegseth nas que aseguraba que o novo líder supremo estaba ferido.

"Fixeron moitas afirmacións deste tipo. Onte dixeron que todas as autoridades iranianas están nos búnkeres. Ao mesmo tempo, o mundo enteiro viu ao noso presidente, ao presidente do Parlamento, a todos",engadiu.

Preguntado pola hipotética axuda de Rusia ou China á intelixencia iraniana -o propio presidente estadounidense, Donald Trump, insinuou esta semana que Rusia podería estar a axudar "un pouco" a Irán- Araqchí recoñeceu que Rusia e China son os seus "socios estratéxicos".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade