Xa se pode probar o polbo do San Froilán
A primeira fin de semana de outubro e o domingo das mozas serán os días grandes da festa
A ración vai a 15 euros
A próxima fin de semana dará comezo o San Froilán. Este ano, con máis de 170 atraccións e postos de venda. É unha Festa de Interese Turístico Nacional que congrega milleiros de persoas, e onde por suposto, non poden faltar as casetas.
Foron moitos os que se achegaron ata Lugo para pasar a xornada do domingo arredor dun prato de polbo, que se pode degustar a un prezo de 15 euros a ración. Os polbeiros agardan que sexan unha boas festas, fundamentalmente durante a fin de semana e o día 12, domingo das mozas.
As casetas estarán abertas ata o día un de novembro.
"Xa este sábado estivemos traballando un pouquiño –di un polbeiro– e aínda que o tempo non acompañou moito, xa houbo xente".
"Vimos probar o polbo e está moi bo", din os primeiros en catalo.