Liberados máis de 100 quilos de polbo nun operativo contra o furtivismo na Guarda
O operativo foi realizado pola patrulleira Mar de Galicia no marco dos labores da Consellería do Mar para preservar esta especie
No que vai de 2025, foron capturadas 1.218 toneladas de polbo en Galicia, por valor de máis de 12,8 millóns de euros, o que supón preto dun crecemento do 21% respecto a 2024
Operativo de Gardacostas contra o furtivismo na Guarda- XUNTA DE GALICIA
Un operativo de Gardacostas de Galicia contra o furtivismo a 4 millas ao oeste do porto da Guarda (Pontevedra) rematou con 117 quilos de polbo, de pequeno tamaño, intervidos que foron devoltos ao mar. Tamén se comisaron 720 cacharros para a captura de cefalópodos.
Segundo informa a Xunta nun comunicado, este operativo foi realizado pola patrulleira Mar de Galicia no marco dos labores da Consellería do Mar para preservar esta especie.
Os axentes destacan a cantidade e medida da especie liberada como un bo sinal da reprodución do cefalópodo en augas galegas.
Este servizo leva retirados no que vai de ano 14.000 cacharros por todo o litoral galego, o 88% entre a ría de Vigo e A Guarda, con especial atención ao período de veda entre abril e xuño.
No que vai de 2025, foron capturadas 1.218 toneladas de polbo en Galicia, por valor de máis de 12,8 millóns de euros, o que supón preto dun crecemento do 21% respecto a 2024.