Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio nun garaxe de Nigrán calcina dous coches

Un incendio nun garaxe de Nigrán calcina dous coches

O incendio comezou contra as dúas da mañá nun garaxe anexo a unha casa unifamiliar no lugar de Tobeira, en Monte Lourido

As lapas tamén alcanzaron a porta da vivenda da casa

G24.gal 15/03/2026 09:49

Un garaxe exterior de tres paredes comezou a arder contra as dúas da madrugada e calcinou os dous vehículos que estaban estacionados, segundo relatou Pablo Antonio Ordóñez, xefe da dotación de Bombeiros do Porriño.

O incendio produciuse no lugar da Tobeira, en Monte Lourido, no concello de Nigrán. Amáis dos dous coches ardidos o lume tamén calcinou o teito do garaxe, una construcción de tres paredes, tipo alpendre, polo que foi fácil acceder ao lume. Aínda así, cando chegaron os bombeiros as lapas xa devoraban o vehículo e había unha forte carga térmica, segundo relata o xefe da dotación de Bombeiros do Porriño.

De momento, descoñecense as causas que puideron desencadear o lume e tamén se descoñecen os motivos polos que as lapas alcanzaron a porta de entrada da casa, que está a uns doce metros do garaxe.

Os primeiros en dar a voz de alarma foron os donos da vivenda que espertaron ao escoitar ruídos no exterior. Os primeiros en chegar ao lugar foron os bombeiros do Val Miñor, explica Pablo Antonio Ordoñez. Tamén interviñeron os do Baixo Miño, axentes da Garda Civil do posto principal de Baiona-Nigrán e a Policía Local de Nigrán.

Tras os traballos de extinción, os bombeiros realizaron traballos de refrixeración e revisaron coa cámara térmica a zona para localizar posibles puntos quentes que poideran reactivar o incendio.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade