Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os primeiros castañeiros do outono danse cita no San Froilán

Os primeiros castañeiros do outono danse cita no San Froilán

Varios postos do recinto feiral lugués ofrecen castañas acabadas de asar

 

Castañeiro traballando no recinto feiral do San Froilán
Félix Aragunde 30/09/2025 20:22 Última actualización 30/09/2025 20:44

Antonio Pereira leva cincuenta anos comezando a temporada de castañas asadas no San Froilán, en Lugo. Este ourensán sabe, como castañeiro veterano que é, que os días de maior demanda son os máis frescos, aínda que non deixa de vender este produto faga o tempo que faga.

"Co frío véndense máis. Apetecen máis e a xente entra máis a comprar. Se vai moita calor, non apetecen tanto", subliña o castañeiro Antonio Pereira.

De Ourense son tamén as castañas asadas que ofrecen outros castañeiros nesta feira que marca o inicio da tempada. Din que este ano o produto vén san e de excelente calidade, polo que ten moi boa saída.

"A verdade é que estamos moi contentos. Hainas a tres euros, con dezaoito unidades, de catro euros con vinte e catro, e de cinco son trinta e dúas unidades. A castaña é de Ourense, e para a ser a primeira está moi boa", sinala o castañeiro Richi Alcaraz. 

Son ademais castañas de calibre grande, as ofertadas no recinto feiral lugués, cun prezo mínimo de dous euros a ducia.

Como con castañas acabadas de asar Como con castañas acabadas de asar
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar