Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vilar de Barrio enxalza a pataca limiá na 46 edición da súa festa

Vilar de Barrio enxalza a pataca limiá na 46 edición da súa festa

Hai degustacións, mostra de produtos de outono, atividades culturais e o tradicional concurso da pataca

A festa serve tamén para revindicar a cultura do rural, os labores agrícolas e os oficios tradicionais

Destaca o tradicional concurso da pataca e tamén doutro produtos agrícolas. Destaca o tradicional concurso da pataca e tamén doutro produtos agrícolas.
G24.gal 05/10/2025 15:22 Última actualización 05/10/2025 17:01

A comarca da Limia é a primeira produtora de patacas en Galicia e esta fin de semana exalza a raíña da súa terra. Con denominación de orixe e tamén sen ela, no concello de Vilar de Barrio celebran a 46 edición da festa do seu produto estrela.

Hai degustacións onde a calidade do produto non decepciona. Tampouco defraudan a diversidade de produtos de outono que se exhiben e as actividades culturais do seu programa.

Porén, o que segue a espertar unha grande expectación é o tradicional concurso da pataca: á máis grande, bonita ou diferente. Porque hainas con formas ben estrañas e a singularidade tamén ten premio.

Destacan as súas decoracións coa pataca como protagnista nas creacións dos máis cativos. Ademais, houbo demostracións do oficio da forxa tradicional, que moitos aínda lembran, música e gastronomía, con patacas, claro!

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade