Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sonata de outono para o Camiño de Santiago

Sonata de outono para o Camiño de Santiago

O número de peregrinos segue aumentando con respecto ao ano pasado

 

G24.gal 05/10/2025 15:09 Última actualización 05/10/2025 17:07

Hai unha semana o tramo portugués da ruta xacobea superaba o seu récord de 75.000 peregrinos anuais, pero é que as cifras xerais do Camiño seguen aumentando a bo ritmo. Un 6 % máis ca o ano pasado. Xa son 465.000 camiñantes no que vai de ano, preto da meta do medio millón.

"Vimos de Almería, do Ejido,  e súper ben, porque acompañounos o tempo", comenta unha familia na que fillo, nai e irmán comparten ruta. "A xente, o camiño... foi unha experiencia para repetir", engaden.

A procedencia dos camiñantes segue a ser maioritariamente de fóra de Galicia e as motivacións van dende a escolla turística, relixiosa ou persoal.

"Pasar uns días as tres xuntas", comentan tres amigas dun lugar de Burgos. 

E o resultado da experiencia, repítese ano tras ano, coma o outono. Como para un grupo procedente de Xetafe, que xa só pensa en chegar á Santiago para repetir a experiencia e volver realizar a ruta.

E é que no fondo, o Camiño segue a facer camiño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade