Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os últimos ultramarinos que se resisten a desaparecer

Os últimos ultramarinos que se resisten a desaparecer

As tendas de ultramarinos naceron no século XIX
 

G24.gal 23/09/2025 21:18 Última actualización 23/09/2025 21:59

A catorce quilómetros de Ourense, na parroquia de Palmés, atopamos un dos últimos ultramarinos que resiste ao paso do tempo.

José Antonio é un dos seus propietarios xunto co seu irmán. Inaugurouno o seu avó en 1926, e foi pasando por diferentes xeracións familiares. Tras quedar sen traballo, decidiu poñerse detrás desta barra.

Aquí non falta de nada, nin o café de pota, e para moitos clientes esta é a súa segunda casa. 

En pleno centro de Ourense, no barrio do Couto, atopamos estoutro ultramarinos rodeado por grandes edificios. 

Aquí atopas todo tipo de produtos de alimentación. Dende o máis cotián, ata produtos de proximidade da provincia de Ourense e mesmo doutros puntos de Galicia.

Case todos son negocios familiares, por iso, a maior ameaza para eles é a da remuda xeracional.

Todos souberon adaptarse aos novos tempos, pero sen perder a súa esencia: o ambiente, o trato personalizado e o humor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade