Publicador de contidos

Publicador de contidos

Todo preparado en Lugo para vivir unha nova edición multitudinaria do San Froilán

Todo preparado en Lugo para vivir unha nova edición multitudinaria do San Froilán

Hai máis de 200 actividades programadas e medio cento de concertos

Os festexos son a principal cita festiva do outono galego e conta coa declaración de Interese Turístico Nacional

G24.gal 03/10/2025 14:32

O San Froilán é a cita do ano máis agardada polos lugueses, e a gran cita festiva do outono galego. E xa chegaron os primeiros visitantes.

"Aquí estamos outro ano máis no San Froilán", di un visitante.

No recinto feiral xa hai ambiente de festa e recende a churros, garapiñadas e castañas. 

"Vendemos todo tipo de garrapiñadas, cacahuete, pipas", di unha muller que atende un dos postos do feiral.
 

Este ano hai 177 barracas, entre atraccións, postos de comida, de artesanía. 

"Vimos moito ao recinto feiral, as barracas", di unha muller.
 

Tamén está o San Froilán fóra do recinto feiral, coas feiras, as exposicións, os obradoiros e o San Froilán Miúdo para os máis pequenos. 

 "Gústame todo, as barracas, o polbo, os concertos, o ambiente das rúas".
 

Son días tamén de peregrinación: de grupos de amigos, de familias, de parellas, sós, con destino ás casetas do polbo para degustar o prato estrela das festas.

 "Vir comer o polbo é unha tradición", di unha muller, e o propietario dunha das casetas asegura que "estamos a tope de reservas".
 

Son dez días de festa para os que hai programadas máis de 200 actividades e medio cento de concertos, coa música galega como protagonista. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade