Publicador de contidos

Publicador de contidos

O festival Nos Seus Pés remata no Grove cunha paella solidaria

O festival Nos Seus Pés remata no Grove cunha paella solidaria

Foron tres días dunha iniciativa cidadá que incluíu arte, música e gastronomía

Cociñeiros do Grupo Nove colaboran co festival desde o comezo 

O obxectivo do festival é recadar fondos destinados á ONG ProemAID, que traballa a prol das persoas migrantes

 

G24.gal 19/10/2025 15:20 Última actualización 19/10/2025 16:46

O evento solidario Nos Seus Pés remata este domingo no Grove cunha gran paella que pon o punto final a tres días de gastronomía, música e arte. Esta proposta cidadá cumpre xa sete edicións.

O cociñeiro Iván Domínguez do restaurante Nado foi o responsable da elaboración dos moitos quilos de arroz que se degustaron ao ritmo da música de Adrián Torres. 

Este domingo aínda se poden mercar as obras que se fixeron no Refuxio Artístico, un espazo de exposición e creación de arte en directo na propia carpa da praza do Corgo.

Rematan así tres días de concertos e tapeo solidario con petiscos elaborados por cociñeiros do Grupo Nove que colaboran co festival dende o inicio.

"Imos facer unha paella con só 9 quilos de arroz, para unhas 85 persoas seguro que chega", conta o cociñeiro Miguel Mosteiro.
 

"Música, gastronomía e solidariedade entre a xente que colabora e o público que deixa moitos cartos aquí e ese ambiente que se crea de todo o mundo botando unha man para que todo saia ben", di Mar Benavides, organizadora do Festival Nos Seus Pés.

A xente volveuse involucrar con esta iniciativa que organiza a veciñanza do Grove para recadar fondos destinados á ONG ProemAID, que traballa a prol das persoas migrantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade