Publicador de contidos

Publicador de contidos

Indignación pola supresión dos carrís de adiantamento entre Melide e Arzúa

Indignación pola supresión dos carrís de adiantamento entre Melide e Arzúa

Substituíronse por vías de servizo limitadas a 50 km/h

Os usuarios da vía aseguran que aumentou a perigosidade da vía 

G24.gal 03/09/2025 14:00

Os condutores que circulan habitualmente entre Arzúa e Melide están desconcertados; non entenden a razón pola que reconverteron os catro carrís de adiantamento neste tramo da nacional 547 en vías de servizo limitadas a cincuenta quilómetros por hora.

Especialmente molestos están os camioneiros; din que cando hai moito tráfico intentan acceder a esa vía de servizo para facilitar o adiantamento, pero aseguran que é moi difícil e, en ocasións, incluso perigoso.

A estes inconvenientes hai que engadir a confusión que xera esta vía de servizo entre os usuarios ocasionais. Moitos acaban cometendo infraccións que poden poñer en perigo outros condutores.

O tráfico de camións nos quince quilómetros que hai entre Melide e Arzúa é moi intenso e as zonas habilitadas para adiantar, moi poucas, motivo polo que a maior parte dos usuarios da vía verían con bos ollos que se volvesen habilitar os carrís de adiantamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade