Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 40 % dos condutores non sabe que sistemas de seguridade ten no coche

O 40 % dos condutores non sabe que sistemas de seguridade ten no coche

As tecnoloxías de axuda á condución son obrigatorias xa para todos os automóbiles novos na Unión Europea

Boa parte da xente prefire desconectalos e só un terzo dos compradores cre que son algo relevante

G24.gal 17/10/2025 14:40

Queremos axuda para conducir? Dende hai un ano, todos os automóbiles novos que se vendan na Unión Europea deben contar cos chamados sistemas avanzados de axuda á condución, ADAS polas súas siglas en inglés. Son os dispositivos que permiten fixar a velocidade, alertan se detectan signos de fatiga ou avisan dun cambio de carril. Pero os informes das entidades que xestionan o tráfico din que unha gran parte da poboación non confía neles.

Segundo o último informe da Fundación para a Seguridade Viaria, o setenta por cento dos condutores non cre que os ADAS sexan suficientemente intelixentes para garantir a súa seguridade. E a metade non ten claro que actúen mellor cás persoas ante unha situación de risco. Por iso hai moitos que, aínda que os teñen no seu coche, non os utilizan.

"A verdade é que non, a min o coche gústame conducilo eu", conta un condutor que agarda nunha estación de servizo de Vigo. "Ás veces úsoos e ás veces non, pero penso que é algo bo", comenta outro condutor portugués. "Non, eu prefiro un coche antigo", confesa outra moza. "Son extras que pagas e que realmente non usas", completa outro condutor.

Antes eran un equipamento exclusivo dos vehículos de alta gama pero agora ata os modelos máis básicos incorporan esta tecnoloxía. Con todo, a DXT afirma que só un terzo dos condutores considera os novos sistemas de seguridade como un factor relevante á hora de mercar un coche.

"Ata que empezan a probalos, tamén cho digo", asegura David Vázquez, director comercial de MRC Autos en Vigo. "No momento en que lles prestas un coche que leva certas axudas e andan con el unha semana, empezan a dicirche: isto é cómodo, aquilo é cómodo...".

Hai outro problema. Catro de cada dez condutores en España admite que non coñece ben os novos sistemas de seguridade, nin sequera os que ten o seu propio vehículo.

"É que non sei cales son. De feito, creo que non os uso porque, se non sei cales son...", confesa con algo de retranca andaluza unha moza ao volante dun turismo último modelo.

A administración intenta potenciar o uso dos ADAS. Tráfico di que se todos os vehículos os incorporasen, se poderían evitar ou mitigar o corenta por cento dos accidentes. Segundo a Comisión Europea, a súa implantación xeneralizada podería evitar ata vinte e cinco mil mortes nas estradas do continente os vindeiros dez anos.

Receo á tecnoloxía

A xente nova, sobre todo, valora como algo positivo que os vehículos conten con sistemas de axuda á condución. Pero hai unha parte da poboación condutora que non confía neles, e non se trata dunha cuestión de idade. Segundo Fesvial, o 34 % da xente non está convencida de que conducir un coche con ADAS sexa máis seguro e o 40 % pensa que non van responder

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade