Louzán carga contra Abel Caballero pola sede de Vigo: "Falar menos e facer máis"
Tamén se referiu ás discrepancias entre o Concello da Coruña e o Deportivo: "A conta atrás xa empezou"
Rafael Louzán participou en Vigo nun acto organizado polo Círculo de Empesaros de Galicia no que o fútbol copou boa parte da actualidade tras a intervención do presidente da RFEF.
Á finalización do mesmo, o máximo mandatario do organismo futbolístico tivo tempo de falar sobre a sede de Vigo para o Mundial 2030 e de lanzar un recado ao alcalde da cidade Abel Caballero tras as súas últimas intervencións públicas. Hai que lembrar que Caballero cargou contra o presidente da RFEF para rogar que Balaídos estea entre as elixidas para ser sede do Mundial 2030 que se celebrará entre España, Portugal e Marrocos.
Ante as súas palabras e para acougar as augas, Louzán contestou o seguinte a modo de dardo.
"Hainos que lles gusta que avivemos esa polémica. Logrei consensos que non estaban previstos. É fundamental na vida, quizais hai que falar menos e facer máis. El cando queira acordar e dialogar tennos aquí para iso. Oxalá Vigo poida ser unha desas sedes para este Mundial", esgrimiu.
Tamén se referiu ás discrepancias entre o concello da Coruña e o Deportivo
"É unha cuestión de entendemento entre a cidade e o club. A conta atrás xa empezou".