Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aberta a visitas en Vigo a réplica do Galeón Andalucía

Aberta a visitas en Vigo a réplica do Galeón Andalucía

Impresionante reprodución do barco que unía Asia con Europa desde o século XVI

G24.gal 17/10/2025 14:24

Viaxen canda nós ao século XVI a bordo da réplica do Galeón Andalucía. Unha nave de 55 metros de eslora moi semellante ás que hai afundidas na ría de Vigo que trouxeron os tesouros afundidos segundo di a lenda. Este facía a ruta con Asia e traía seda, café ou especias.

O buque pódese visitar durante toda a fin de semana no peirao de transatlánticos de Vigo.

Unha vintena de persoas viaxan a bordo; son voluntarios, profesionais e mariños de prácticas.

As visitas ao buque sempre son un éxito. Pódese ver a cámara de oficiais, a adega ou a cuberta de artillería. Un verdadeiro museo flotante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade