Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xornada de portas abertas na Comandancia Naval do Miño polo día da Hispanidade

Xornada de portas abertas na Comandancia Naval do Miño polo día da Hispanidade

O destacamento ten 160 anos de historia, desde que España e Portugal decidiron establecer que o río fose fronteira nun treito de 77 quilómetros

O patrullero Cabo Fradera é a segunda embarcación máis antiga da Armada despois do buque escola Juan Sebastián Elcano

G24.gal 11/10/2025 17:08

Co gallo do día da Hispanidade, algúns centros dos corpos e forzas de seguridade aproveitan para amosar ao público o servizo que ofrecen á sociedade. É o caso da Comandancia Naval do Miño, en Tui, que leva século e medio presente no río e hoxe quere amosar os seus recursos e o seu cometido. 

En 1864 os dous países asinaron o tratado de límites, entre os que fixaron o río Miño como fronteira nun treito de 77 quilómetros. Dende entón o río é  vixilado por buques da Armada.

"A raíz dese acordo houbo unha serie de conflitos entre os pescadores de ambas os dous lados do río e pouco despois concretouse a despregadura de dúas unidades da Armada portuguesa e española para manter a orde e o cumprimento dos acordos" conta Víctor García Pozuelo, aapitán de Corbeta e Comandante Naval do Miño

Dende o ano 1963 quen fai ese labor de vixilancia e inspección é este patrulleiro de vixilancia interior, o Cabo Fradera. Conta cunha dotación de sete persoas e patrulla quince días ao mes en zonas concordadas coa armada portuguesa. 

"Son unhas dimensións pequenas, 17 metros de eslora pero o máis importante é que ten menos dun metro de calado, o que lle permite navegar con certa solvencia por esta zona."  engade Ignacio Grueiro Mendez, tenente de navío e comandante do patrulleiro

É visible a súa rpesenza no Miño, pero non tan coñecida a súa función concreta, sobre a que aínda persisten tópicos relacionados con outras épocas.

"Pregunteille , esto é para controlar o contrabando. e díxome que non , que aquí xa non hai contrabando ningún , que é máis para ver que non pescan máis do que non deben.", releva un dos visitantes.

Outros delitos e infraccións son perseguidas pola dotación do patrulleiro, especialmente agora que os recursos pesqueiros do Miño están indo a menos.

 "O prezo da angula o ano pasado superou os 600 euros o quilo. Ao ser un recurso tan sustancioso dá pé a unha explotación furtiva que nos obriga a redobrar os esforzos." afirma Víctor García Pozuelo, capitán de Corbeta e Comandante Naval do Miño

As portas da comandancia estarán abertas toda a fin de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade