Publicador de contidos

Publicador de contidos

O verán deixa 228 mortos nas estradas españolas, un 6 por cento menos que en 2024

O verán deixa 228 mortos nas estradas españolas, un 6 por cento menos que en 2024

29 dos automobilistas falecidos non levaban posto o cinto de seguridade

Durante este verán e por primeira vez, superáronse os cen millóns de desprazamentos de longo percorrido por estrada en España

G24.gal 03/09/2025 13:54

Un total de 228 persoas morreron nas estradas españolas durante os meses de xullo e agosto deste 2025. Son 15 menos ca no mesmo período do ano anterior, o que supón un descenso do seis por cento. Outras 949 quedaron feridas graves, tres menos que no verán anterior.

Son os datos principais do informe provisorio de sinistralidade viaria nas estradas españolas durante o verán presentado polo ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska.

“A redución da mortalidade viaria nun período no que se rexistran un récord absoluto de viaxes por estrada non é un dato malo pero tampouco, como sempre digo, é bo. E menos malo ca o ano anterior pero xa sabedes que nisto non hai datos bos”.

Durante este verán e por vez primeira, superáronse os cen millóns de desprazamentos de longo percorrido por estrada en España.

O 43 por cento dos accidentes con vítimas mortais foi unha saída de vía causada ben por descoido ou ben por exceso de velocidade.

29 dos automobilistas falecidos non levaban posto o cinto de seguridade.

“Un de cada catro falecidos en estrada segue sen utilizar o cinto de seguridade e a metade deles salvaría a vida”.

Os motoristas mortos foron 72, catro menos co ano pasado, e os peóns falecidos 20, tamén catro menos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade