Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gardar sitio de pé para aparcar é ilegal e está penado con multas de entre 80 e 200 euros

Gardar sitio de pé para aparcar é ilegal e está penado con multas de entre 80 e 200 euros

A sanción pode ascender aos 80 euros, se é unha falta leve, e aos 200 euros, se se considera unha falta grave

G24.gal 08/09/2025 14:35

Atopar un sitio onde aparcar nas cidades non sempre é fácil, e menos se as prazas son gratuítas. Por iso non é a primeira vez que vemos situacións en que son os peóns quen tentan gardar a praza poñéndose enriba dela dentro da calzada. Moitas veces, chegan outros coches, que teñen dereito a estacionar aí, e non lles deixan.

O comportamento pode parece máis ou menos cívico, pero é que ademais, é ilegal e pode supoñer sancións para os peóns de entre 80 e 200 euros.

"Segundo o artigo 122.6, cando exista refuxio ou calquera zona para os peóns, o peón non pode permanecer na beiravía nin na calzada, sendo sancionable con 80 euros, se é unha falta leve, ou incluso 200 euros, se é unha falta grave", conta Ángel Rodríguez, profesor de autoescola.

A pesar destas posibles sancións, tendo en conta a dificultade dalgunhas zonas para aparcar, moita xente arríscase igualmente con tal de conseguir un sitio onde poder deixar o coche.

"Si, ho! Eu xa o teño feito. Mentres non te collan...", apunta un viandante.

"Eu se vou nunha furgoneta, van dar a volta para aparcar e me din que me poña alí de pé, se me ven un coche, non lle deixo e dígolle que estou esperando a que veña unha furgoneta para aparcar", comenta outro peón.

Porén, as sancións non son o único. Este tipo de actos poden desembocar tamén nunha posible liorta entre o peón e o condutor que trata de aparcar.

"Podes atopar con xente á que lle dá igual, que te ven e pasan do tema, pero hai outra que pode intentar aparcar e, como teñas un pouco metido na cabeza que non te vas quitar, igual tes un problema e te levan por diante", di unha rapaza.

"Algunha liorta pode haber fixo. Ao final, depende da persoa, haberá algún ao que non lle importe e outro que queira meter o coche polos seus fociños", reflexiona outro rapaz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos